Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos
Skip to content
Artigos
Recollida de topónimos da parroquia de Candeán (Vigo) PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 02 Xaneiro 2015 21:46

muinhos-da-goleta

A recollida da toponimia da parroquia de Candeán foi impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e pola Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán. O traballo foi realizado polo técnico de campo Afonso Salvador Rodríguez González. O ámbito territorial obxecto de estudo foi a parroquia viguesa de Candeán, localizada na área periurbana de Vigo pero que aínda conserva nalgúns dos seus núcleos unha estrutura territorial de tipo rural.

Ler máis...
 
“Aceite madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos”, de Xosé Lois Vilar. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Luns, 13 Xaneiro 2014 23:17

Xose_Lois_Vilar_IEM1

O artigo do subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar forma parte das Actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do Mar de Galicia” que pode descargarse na súa totalidade aquí nunha versión en PDF.

"Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega" é o título dunha investigación que o arqueólogo e especialista en toponimia, Xosé Lois Vilar leva desenvolvendo dende hai máis dunha década por toda a costa do país. Froito do estudo da cartografía e documentación histórica, mais sobre todo das centos de entrevistas a mariñeiros e habitantes da ribeira atlántica, o artigo que hoxe compartimos afonda na pegada na memoria colectiva das ducias de naufraxios no mar de Galicia.

Ler máis...
 
Xosé Lois Vilar e Anxo Rodríguez Lemos presentan os nomes dos lugares recollidos en Borreiros. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 06 Decembro 2013 00:37
toponimia-borreiros-present
Entrementres a compañeira Elvira Riveiro percorre as parroquias de Chaín e Vilaza (Gondomar) na procura de informantes e nomes de lugares, compartimos este vídeo coa presentación ante os veciños da parroquia de Borreiros da recollida feita por Anxo Rodríguez Lemos que permitiu o rescate de máis de 600 topónimos da zona .
Na brevidade teremos rematados e colocados nesta web os documentos e mapas relativos ás xa feitas en Saiáns (Vigo), Baíña (Baiona) e Couso (Gondomar).
Ler máis...
 
Estudo dos topónimos “Nigrán”, “Vilameán” e “Seixas” do profesor Gonzalo Navaza. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 30 Agosto 2013 21:25

san-fiz

Con motivo da edición do libro Sementar para os  que veñan, homenaxe do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo aos 40 anos de maxisterio da catedrática Camiño Noia, (U. de Vigo, 2013), o profesor Gonzalo Navaza desenvolveu un documentado estudo sobre os topónimos miñoranos do concello e parroquia de Nigrán, a  entidade de poboación Vilameán e a vía pública Seixas, relacionados coa residencia da profesora.

Ler máis...
 
Xornada de Toponimia en Pontevedra no marco do programa “Chamámonos así”. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 17 Abril 2013 13:55
web_topo_pontevedraA Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza unha Xornada de Toponimia o sábado 27 de abril, de 10.00 a 19.00 horas, na casa da cultura de Lusquiños, na parroquia de Tomeza. Neste encontro se presentarán as ferramentas empregadas para a recuperación dos topónimos que o Concello está a desenvolver a partir do programa "Chamámonos así", que conta coa supervisión do IEM a través do arqueólogo e experto en toponimia Xosé Lois Vilar.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 7