Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos
Skip to content
Artigos
A exposición “Patrimonio Natural” producida polo GAC 7 visita o Centro Cultural de Pedornes. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 04 Xuño 2012 20:52

Expo-Patrimonio-GAC-b


As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda, a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013). A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen "A Riqueza do Patrimonio", a "Toponimia de Cangas e Cíes", "A Talasonimia da Costa Sur", "O Mar das Gamelas", ou o "Patrimonio Industrial".
Ler máis...
 
Listaxe de persoas admitidas na I Xornada de prácticas de recollida de toponimia en Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 21 Maio 2012 21:22

toponimia-curso

I Xornada de prácticas de recollida de toponimia en Pontevedra Pazo da Cultura (rúa de Alexandre Bóveda), 26 de maio de 2012.

Criterios de selección para a primeira xornada práctica:

Ler máis...
 
A recollida de toponimia: o concello de Oia. Roberto Rodríguez PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Venres, 09 Marzo 2012 13:00

O arqueólogo Roberto Rodríguez presentou unha detallada descrición da súa experiencia na recollida de toponimia desenvolvida no Val Miñor e a súa contorna. Amosou a importancia do baleirado da documentación existente no intre previo e posterior á saída de campo, malia que sostivo que o verdadeiro desafío para o investigador atópase na súa relación coas fontes de información oral.
Nese senso salientou a necesaria preparación do perfil do técnico de campo, o que ten que ser capaz de establecer unha comunicación fluída coas persoas informantes, a fin de obter delas a mellor disponibilidade e motivación. Da súa experiencia, Rodríguez atopou nos labregos, mariñeiros e persoas de avanzada idade, aos depositarios do coñecemento dos nomes da zona a pescudar. Nese contexto, dixo que o técnico deberá atopar os camiños para gañar a confianza das persoas, nun marco de respecto e á vez que coa suficiente flexibilidade para adaptarse ás distintas realidades.
Canda a unha abondosa documentación, Rodríguez fixo fincapé na imprescindible vontade de precisión á hora da recollida, así como no contraste posterior dos datos con outras fontes orais e documentais.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Metodoloxía de recollida en toponimia. Problemática do traballo de campo. Vicente Feixoo. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Venres, 09 Marzo 2012 12:57

A charla de Vicente Feixoo salientou o valor patrimonial que para Galiza ten a súa riqueza en topónimos. Por mor diso, destacou a importancia da preparación de especialistas capaces de desenvolver os traballos de recollida, ante unha realidade de urxencia histórica, dado que a maioría dos nomes dos lugares só están nos arquivos memorísticos dos nosos maiores, case sen transmisión xeracional, e a piques de perderse de xeito irremediable.
Para iso, achegou a metodoloxía a empregar polos especialistas, nos diversos eidos de traballo que atoparán no contexto galego: rural, urbano e litoral. Marcou a importancia do desafío histórico que ten a formación de técnicos de campo, os que terán que afrontar nun breve tempo, a recollida que segundo cálculos do desaparecido Proxecto de Toponimia Galega, estímase en dous millóns de topónimos.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Toponimia e antroponimia, por Ana Isabel Boullón. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Venres, 09 Marzo 2012 12:53

Ana Isabel Boullón aportou as achegas da disciplina antroponímica no estudo e investigación de campo da toponimia. Salientou a importancia desta rama da lingüística que se ocupa dos nomes propios e apelidos das persoas, como parte da onomástica, división que estuda os nomes propios en xeral. Nese senso, centrouse en varios casos de lugares que derivan o seu topónimo de nomes de persoas.
No faladoiro advertiuse que moitos nomes da xeografía galega -ao igual que noutras rexións- tiveron orixe en nomes de persoas, e co tempo, á vez foron fonte de moitos apelidos actuais. O problema céntrase na "transparencia" coa que hoxe o investigador de topónimos pode detectar a evolución lingüística e morfolóxica que a través da historia sufriu a palabra que nomea un determinado espazo.
Na presentación, Boullón achegará experiencias e sobre todo metodoloxías que permitirán aos especialistas atopar significados e orixes de topónimos.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 7