Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos
Skip to content
Artigos
Que é a Toponimia?, por Gonzalo Navaza PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Venres, 09 Marzo 2012 12:48

Os nomes dos lugares é parte do "patrimonio inmaterial" dun país, sinalou de xeito contundente Gonzalo Navaza, na súa intervención que abriu o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia. Indicou que trátase dun valor que "nunca se gasta" e a diferenza de outros "canto máis se usa máis se fortalece".
Nese senso, Navaza salientou o perigo de perder esta riqueza de Galicia ao renomear espazos, rúas ou pontes esquecendo os topónimos que en moitos casos os identificaron durante milenios. Unha advertencia que sen descoñecer a vitalidade da lingua e o xeito dinámico das sucesivas poboacións que van ocupando os lugares, a situou nunha estratexia política que á vella usanza intenta "expandir a Civilización" sobre o que considera unha "terra incógnita", sen nomes propios. E o que é peor, sobre todo no eido urbanístico, en moitos casos eses cambios de topónimos están motivados nun prexuízo anti-galego, disfrazado de anti-rural.
A presentación percorreu a historia desta disciplina e as súas relacións con determinados eidos que preocupan á comunidade científica; nomeadamente a cultura (en canto memoria compartida), a lingua (identidade e comunicación), a paisaxe (humanización da xeografía), a historia, a antropoloxía, etc.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Inauguración do I Curso de formación de especialistas enToponimia. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Venres, 09 Marzo 2012 12:43

Este venres 2 de marzo de 2012, tivo lugar no VERBUM de Vigo a inauguración do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia (os nomes dos lugares), organizado polos Concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense xunto co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade -que ten rexistrado un grande impacto na comunidade científica e universitaria con máis de cen inscritos-, conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
O acto inaugural fixeron uso da palabra Henrique Costas (Vicerreitor de Extensión Universitaria da U. de Vigo), Demetrio Gómez Xunqueira (Servizo de Normalización Lingüística e Xuventude, C. de Pontevedra), Manuel Fernández Pérez (Concelleiro de Deportes e Normalización Lingüística de Vigo)e Carlos Méixome (Director do IEM)

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Diario do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 09 Marzo 2012 12:37

toponimia-curso

Durante o mes de marzo de 2012 estase a desenvolver o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia, organizado polo IEM en conxunto cos Concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo, e en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Dado o impacto do mesmo na comunidade científica -con máis de cen inscritos- e o interese amosado polo público en xeral nesta materia, manteremos ao longo do curso este diario a fin de facer accesibles as conferencias tanto como reforzo para os alumnos así como ferramenta de divulgación xeral.
Ler máis...
 
Hoteis concertados para o Curso de Formación de Especialistas en Toponimia en Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 05 Marzo 2012 18:41

949-d-curso_especialista_re

Ante as consultas dos asistentes ao Curso de Formación de Especialistas en Toponimia, a Organización achega os hoteis cos que se ten falado a atención dos alumnos.
Curso Pontevedra:
Ler máis...
 
Con máis de cen inscritos inaugúrase o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 01 Marzo 2012 22:50

xose-lois-e-os-nomes-do-mar

Este venres 2 de marzo, ás 17 horas, no VERBUM de Vigo terá lugar a inauguración do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia (os nomes dos lugares), organizado polos Concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense xunto co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade -que ten rexistrado un grande impacto na comunidade científica e universitaria con máis de cen inscritos-, conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 7