Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos
Skip to content
Artigos
Tipoloxías de topónimos da cartografía de Candeán PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 02 Xaneiro 2015 23:44

DSCF0488-A-Casa-dos-Mouros

Agrupamos os topónimos nas seguintes tipoloxías principais:

-              Topónimos asociados a poboacións e vías de comunicación. Inclúe os lugares ou casais (pequenos núcleos de poboación orixinais, que dominaban o espazo agrícola); elementos da cultura material, como igrexas e petos de ánimas; as casas antigas (asociadas a algún antepasado e alcume familiar), e as diversas categorías de vías de comunicación: camiños, carreiros, canexas, etc.

-              Topónimos agrícolas. Aqueles que nomean as hortas, plantíos de froiteiras ou “enxidos”, prados e “seguedos”, veigas, etc. Cada un destes topónimos abranguen polo xeral varias propiedades de veciños distintos, polo que adoitan presentar dúas formas: unha en singular e a mesma forma en plural. Para mellor conservar a forma orixinal decantámonos nestes casos por rexistrar a forma en singular.

-              Hidrónimos. Incluímos aquí os distintos nomes que van adquirindo as correntes de auga ao longo do seu percorrido, os nomes de fontes e mananciais, de brañas e turbeiras, e os nomes daqueles elementos da cultura popular material vencellados á auga: regos e presas, minas, muíños de río, pontellas, etc.

-              Topónimos do ámbito forestal. Comprenden os nomes das propiedades particulares en terreo forestal (“coutadas”), os dos montes comunais, penedos, etc. Tamén incluímos aqueles elementos do patrimonio arqueolóxico integrados no ambiente forestal, como son as mámoas e os castros.

 
Recollida de topónimos da parroquia de Candeán (Vigo) PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 02 Xaneiro 2015 21:46

muinhos-da-goleta

A recollida da toponimia da parroquia de Candeán foi impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e pola Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán. O traballo foi realizado polo técnico de campo Afonso Salvador Rodríguez González. O ámbito territorial obxecto de estudo foi a parroquia viguesa de Candeán, localizada na área periurbana de Vigo pero que aínda conserva nalgúns dos seus núcleos unha estrutura territorial de tipo rural.

Ler máis...
 
“Aceite madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos”, de Xosé Lois Vilar. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Luns, 13 Xaneiro 2014 23:17

Xose_Lois_Vilar_IEM1

O artigo do subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar forma parte das Actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do Mar de Galicia” que pode descargarse na súa totalidade aquí nunha versión en PDF.

"Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega" é o título dunha investigación que o arqueólogo e especialista en toponimia, Xosé Lois Vilar leva desenvolvendo dende hai máis dunha década por toda a costa do país. Froito do estudo da cartografía e documentación histórica, mais sobre todo das centos de entrevistas a mariñeiros e habitantes da ribeira atlántica, o artigo que hoxe compartimos afonda na pegada na memoria colectiva das ducias de naufraxios no mar de Galicia.

Ler máis...
 
Xosé Lois Vilar e Anxo Rodríguez Lemos presentan os nomes dos lugares recollidos en Borreiros. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 06 Decembro 2013 00:37
toponimia-borreiros-present
Entrementres a compañeira Elvira Riveiro percorre as parroquias de Chaín e Vilaza (Gondomar) na procura de informantes e nomes de lugares, compartimos este vídeo coa presentación ante os veciños da parroquia de Borreiros da recollida feita por Anxo Rodríguez Lemos que permitiu o rescate de máis de 600 topónimos da zona .
Na brevidade teremos rematados e colocados nesta web os documentos e mapas relativos ás xa feitas en Saiáns (Vigo), Baíña (Baiona) e Couso (Gondomar).
Ler máis...
 
Estudo dos topónimos “Nigrán”, “Vilameán” e “Seixas” do profesor Gonzalo Navaza. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 30 Agosto 2013 21:25

san-fiz

Con motivo da edición do libro Sementar para os  que veñan, homenaxe do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo aos 40 anos de maxisterio da catedrática Camiño Noia, (U. de Vigo, 2013), o profesor Gonzalo Navaza desenvolveu un documentado estudo sobre os topónimos miñoranos do concello e parroquia de Nigrán, a  entidade de poboación Vilameán e a vía pública Seixas, relacionados coa residencia da profesora.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 6