Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Toponimia Talasonimia XEIRA IEM- Nigrán: "Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro"Venres 4 de agosto.
Skip to content
XEIRA IEM- Nigrán: "Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro"Venres 4 de agosto. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Talasonimia
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 31 Xullo 2017 23:51
monteferro

O vindeiro venres 4 de agosto gozaremos doutra nova xeira, esta vez polo concello de Nigrán, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, "Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro".

O punto de encontro e inicio da ruta será no Hostal Monteferro ás 20:30H, e será guiada polo especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.

Os puntos de encontro atópanse no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1uoP9KECUuiNkDOSj9xZQBxUIo94&usp=sharing