Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Toponimia Talasonimia A cultura mariñeira e a tradicional oral salientaron o seu valor no Congreso Internacional de Onomástica.
Skip to content
A cultura mariñeira e a tradicional oral salientaron o seu valor no Congreso Internacional de Onomástica. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Talasonimia
Escrito por IEM   
Martes, 20 Setembro 2011 23:31
artes-de-pesca

O Instituto de Estudos Miñoranos participou no XXIV CONGRESO INTERNACIONAL DE ICOS SOBRE CIENCIAS ONOMÁSTICAS celebrado en Barcelona entre o 5 e o 9 de setembro de 2011. O tema deste congreso foi OS NOMES NA VIDA COTIÁ onde máis de 550 expoñentes chegados de todo o mundo puxeron na palestra os últimos avances desta disciplina. Na sección 6 de toponomástica Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM) presentou o venres día 9 pola mañá, unha comunicación sobre A talasonimia galega na que explicara o que abrangue a talasonimia, a súa transmisión polas fontes documentais e sobre todo a transmisión oral e a necesidade da recollida de boca de argaceiras, percebeiros/as, mariscadores/as e mariñeiros, traballo no que é pioneiro o Instituto de Estudos Miñoranos ó redor do que realizou publicacións, exposicións, traballos didácticos, visitas guiadas e colaboracións en xuntanzas, congresos, etc.
Os congresistas asistiron con interese ao relato de Vilar sobre os traballos de campo desenvolvidos polo IEM, onde por unha banda máis de 50 informantes aportaron de primeira man os seus coñecementos mentres que paralelamente se facía un traballo de gabinete baleirando a documentación existente deste treito da costa peninsular.
Vilar salientou a importancia da tradición oral na transmisión e conservación destes saberes durante séculos pola xente do mar. Coñecementos que abranguen información meteorolóxica, biolóxica, xeográfica, e mariña, así como da invención e construción das artes e naves de pesca.
O enxeño popular fixo da loita por sobrevivir cos recursos mariños unha verdadeira escola baseada nunha pedagoxía padre - fillo, mestre - aprendiz, sen libros e moito menos recursos dixitais. Nembargante, todo o fondo do mar estaba nomeado, a base de agudas observacións, así como coa invención de sebeiros, sondas ou escandallos que permitían saber se tratábase dun solo rochoso, area, mesmo se atopábase un naufraxio nas profundidades.
Ao seu regreso ao Val Miñor, Vilar reflexionou sobre as poucas experiencias de recollida de campo que actualmente se están a facer no mundo. Dato non menor, se temos en conta que nestes momentos a información pola vía da tradición oral está a piques de desaparecer ao cambiar os sistemas de explotación mariños, coa correspondente troca das formas de nomear os lugares. Neste punto, Vilar salientou a labor desenvolvida pola Área de Normalización Lingüística de Vigo, dirixida por Marta Souto, que xunto cós traballos do IEM foron das poucas achegas que os espertos participantes puideron analizar e debater neste congreso internacional.