Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio Toponimia Talasonimia 20 vídeo conferencias sobre toponimia e talasonimia galega.
Skip to content
20 vídeo conferencias sobre toponimia e talasonimia galega. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Talasonimia
Escrito por IEM   
Venres, 20 Abril 2012 21:03
toponimia-ponte-de-rosas


Galicia ten próximo aos 2.5 millóns de topónimos, lugares do seu territorio que contan cun nome propio. Un patrimonio xurdido durante séculos da necesidade de identificar os espazos xeográficos e que có tempo constituíron unha sinal básica de identidade para os seus poboadores. Non só as cidades e vilas están nomeadas no país (macrotoponimia) , tamén os montes, regatos, chans, leiras e ata as pedras foron "bautizadas" (microtoponimia), co fin de sinalizar puntos do territorio. Nembargante, este tesouro patrimonial está a piques de perderse por mor do esquecemento e o agromar das novas tecnoloxías de localización.
Os nomes dos lugares, especialmente da micro toponimia galega, están na memoria dos maiores. Persoas que non contaron con GPS nin ordenadores para aprender a situarse no mar, no monte ou entre leiras. Esa sabedoría foi orixinada e conservada durante séculos a base de transmisión oral, de xeración en xeración, sen case testemuño escrito. Nembargante, o seu valor é fundamental e vai máis alá do folclórico ou anecdótico. En xeral cada topónimo agocha unha sínteses dos coñecementos que sobre un lugar específico do territorio se acumulou polas diversas xentes que o habitaron ou transitaron. Síntese que á vez é produto dunha estratexia de comunicación popular tamén case en extinción.
Unha mostra desa riqueza e complexidade dos topónimos está no amplo espectro de científicos e especialistas que abordaron a problemática durante o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia , organizado en forma conxunta polos Concellos de Vigo, Pontevedra, Ourense e máis o Instituto de Estudos Miñoranos, co apoio da Universidade de Vigo. O mesmo desenvolveuse durante o mes de marzo, e para a súa preparación como futuros técnicos de campo, máis de cen persoas asistiron ás conferencias brindadas por xeógrafos, historiadores, filólogos, cartógrafos, avogados, informáticos e por suposto, expertos no eido da Onomástica, a Toponimia terrestre e a Talasonimia marítima.
Deste curso, que rematou a finas de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas do IEM, sairá probablemente o maior continxente de especialistas da historia de Galicia. O seu cometido será percorrer a xeografía do país no rescate deses nomes de lugares a través de futuros convenios con administracións públicas e sociedades privadas. Nunha tarefa que se prevé xigantesca á vez que urxente ante a perda acelerada de topónimos e o descoñecemento case absoluto dos mesmos por parte das novas xeracións, aínda as xa adultas.
Dado o impacto do devandito curso na comunidade científica e o interese amosado polo público en xeral nesta materia, construíse un Blog - diario a fin de facer accesibles as conferencias tanto como reforzo para os alumnos así como ferramenta de divulgación e consulta para o público xeral.