Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Val Miñor Documenta Artigos
Skip to content
Artigos
Acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 15 Decembro 2016 23:37

captura de pantalla 2016-12-15 a las 23.46.07

VIDEO DO ACTO

https://app.box.com/s/mk4dnkrtsyxjzv3nsaiej6ff7getgq3x

INTERVENCIÓN DE ALONSO MONTERO

https://app.box.com/s/5hvi76bt20r9st8tssko07lkf6rxvzta

FOTOS EVENTO

https://app.box.com/s/amtsgbyetq50lzq0sxgm1rbrxa400z6e

ENLACE PERIÓDICO DIXITAL

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=49372

O pasado sábado 10 de decembro o auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar acolleu o acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo cunha audiencia ben numerosa que se deixou engaiolar pola maxia irresistible dun escenario repleto de calidade literaria, calidade oratoria, calidade dramática e exquisita sensibilidade. A clave do éxito que, sen dúbida, acompañou o desenvolvemento deste evento estivo, sobre todo, na afortunada conxunción de catro extraordinarios representantes do mundo cultural: Marta Dacosta, directora do acto, que foi introducindo todos os intervenientes coa axilidade e dinamismo que a

Ler máis...
 
Acto de entrega do IX Premio de Poesía “Victoriano Taibo” PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 03 Decembro 2016 23:28
foto de xos iglesias lamela  con centolaO xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida
Ler máis...
 
Presentación de Contos Pequenos na Casa das Campás de Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 07 Novembro 2016 23:27

PRESENTACIÓN DE CONTOS PEQUENOS

O vindeiro xoves día 10 de novembro, ás 20:00 horas, organizado polo Ateneo, terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra o acto de presentación do volume titulado Contos pequenos, un manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participarán Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de senllos artigos que tratan diversos aspectos do texto.

p61110-203951

p61110-204229

Ler máis...
 
Presentación do libro " Contos pequenos" PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 26 Outubro 2016 00:11
contos pequenos

OS CONTOS PEQUENOS

No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido coa causa galeguista, teimaba en educar os fillos en galego e por esa época debía estar introducindo o primoxénito na lectura e escritura nesta lingua que carecía de material axeitado, polo que mercaba libros en portugués. A dobre condición de mestre e escritor do académico, amigo seu, non debeu ser allea á súa decisión de escribir, encadernar e regalarlle ao médico aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio.

O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro artigos de diversa índole; así, Hixinio Beiras Cal fala dos seus recordos daquela época; Camiño Noia Campos incardina os contos dentro do folclore internacional; Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito. Leva, tamén, unha versión actualizada (cun vocabulario, ao final, das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG) do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo.

Ler máis...
 
Os contos pequenos PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 26 Outubro 2016 00:04

Este volume, concibido como unha unidade, desmémbrase en tres libros que poden ser lidos independentemente, facilitándolle ao lector o uso que desexe facer da información aquí ofrecida. Conteñen, respectivamente, as partes comentadas máis arriba, é dicir, a edición facsimilar, o conxunto de artigos de acompañamento e a versión actualizada. Unha faixa envolvente que serve de portada do conxunto, deseñada igualmente por Fino Lorenzo, consegue a unidade antes mencionada.

ACTO DE PRESENTACIÓN

A presentación desta obra, dirixida a escolares e a adultos, terá lugar o día 30 de outubro, domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar nun acto dirixido por Marta Dacosta que constará da lectura creativa de varios contos a cargo de alumnos do CEP “Neira Vilas” (Peitieiros), do CEP de Sabarís, dos alumnos Xián, Pablo e Antía, do grupo de teatro afeccionado “Xesta Vermella” (Borreiros) e de Paco Barreiro; haberá tamén un concerto do último citado, Paco Barreiro, cantante, músico, compositor e actor.

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 14