Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Val Miñor Documenta Artigos
Skip to content
Artigos
Vídeo e imaxes da VII entrega do Premio Victoriano Taiboo – ELM de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 20 Novembro 2014 23:51

0001_premio

Trazar certos paralelismos entre a obra de Victoriano Taibo e O caderno amarelo  que gañou a recente edición do certame poético de Morgadáns é inevitable. O mestre tecía o seu universo poético sobre follas de papel que reciclaba de vellos almanaques, restos do envoltorio da compra ou calquera anaco daquel material. Témolo visto. A paga que recibía o mestre  na primeira metade do século XX obrigábao a estas economías, seguramente tamén o inspiraban. A obra de Lara Rozados, case un século despois das primeiras poesías de Victoriano, tamén foi escrita sobre follas dun caderno obsequiado, e por mans condicionadas pola precariedade do desemprego e a falla de horizontes á que está sometida boa parte da mocidade do país.

Ler máis...
 
“O caderno amarelo” de Lara Rozados: unha radiografía xeracional en 22 poemas. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 14 Novembro 2014 12:49

caderno-amarelo

Con O caderno amarelo, é un libro “que pode lerse como unha radiografía xeracional” sinala a acta do xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns, que  escolleu este poemario  da xornalista Lara Rozados como gañador do certame. Engade que a través deste discurso poético “vemos debullar ante nós os principais desafíos no social e no íntimo da mocidade galega contemporánea”. O libro será presentado este sábado 15 de novembro ás 19:30 horas na Escola de Guillufe (Morgadáns), no acto cultural que dará marco á sétima entrega consecutiva do premio.

Ler máis...
 
Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns na Escola de Guillufe. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 11 Novembro 2014 00:24

Cartel-taibo_2014entrega

Como todos os anos nestas datas temos o pracer de informar que celebraremos a VII entrega consecutiva do Premio de Poesía Victoriano Taibo  - Entidade Local de Morgadáns. Galardón que este ano correspondeu por decisión do xurado á escritora Lara Rozados Lorenzo pola obra O caderno amarelo. O acto, como sempre coordinado e deseñado coidadosamente polo noso compañeiro Miguel Anxo Mouriño, terá lugar como é tradición na Escola de Guillufe (onde exercera a docencia o mestre Victoriano Taibo), o vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 19:30 horas.

Ler máis...
 
“O caderno amarelo”, de Lara Rozados Lorenzo gaña o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 12 Setembro 2014 21:18

lara2-web

O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario O caderno amarelo, da que é autora Lara Rozados Lorenzo.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

Ler máis...
 
Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 08 Setembro 2014 22:11
obras-vt-web
Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 14