Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán

O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio Volta dos nove IV Cine e memoria Represaliadas
Skip to content
IV Cine e memoria Represaliadas PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 02 Outubro 2016 23:35
captura de pantalla 2016-10-03 a las 21.44.09
captura de pantalla 2016-10-05 a las 16.23.47
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Neste mes de outubro de 2016 lembramos 80 anos máis tarde o asesinato dos Ineses, Pepe e Luís, máis de Dolores Samuelle o 13 de outubro de 1936. O 15 de outubro seguinte na Volta dos Nove en Baiona foron asasinados nove homes.
Os actos conmemorativos deste ano xirarán ó redor do mundo da muller represaliada a partir do golpe de estado do 36. Por elo o IV ciclo de Cine e Memoria leva o título de REPRESALIADAS. Celebrarémolos todos os venres do mes no Auditorio da Casa do Concello de Nigrán e comezaremos o día 7 cunha conferencia de Montse Fajardo sobre a represión da muller en Galicia logo do golpe de estado. Nos venres seguintes tres documentais nos que participarán directores, directoras, guionistas e investigadores.
IV Cine e memoria

Represaliadas

Auditorio do Concello de Nigrán
7 outubro 2016 venres 20h. Conferencia
MONTSE FAJARDO
"A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36".
14 outubro 2016 venres 20h. Documental
Guillena 1937
Director: Mariano Agudo. Vídeo-tertulia: Leonardo Alanís Falantes.
21 outubro 2016 venres 20h. Documental
Silenciadas
Director: Pablo Ces.
Investigación e guión: Aurora Marco.
28 outubro 2016 venres 20h. Documental
Digna rabia
Directores: María Victoria Martíns e Ángel Rodríguez Gallardo.