Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Volta dos nove No 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove
Skip to content
No 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Xoves, 13 Outubro 2011 23:11
volta-dos-nove

 

A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela triste xornada de 1936.

A sinxela homenaxe terá lugar fronte ao monumento ideado por Fernando Casás instalado en 2005 para perpetuar a memoria das vítimas.

Con motivo do 75 aniversario da sublevación militar a Comisión de familiares e o IEM están a preparar unha serie de actividades que se desenvolveran no próximo mes de novembro na vila de Baiona e que se centrarán en divulgar os feitos acaecidos naquela altura en Galicia, no Val Miñor e en Baiona.