Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio X aniversario Última conferencia do cliclo de arqueoloxía "Pedro Díaz" a cargo de Eduardo Méndez
Skip to content
Última conferencia do cliclo de arqueoloxía "Pedro Díaz" a cargo de Eduardo Méndez PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 28 Abril 2010 20:09
Última conferencia do ciclo de Arqueoloxía “Pedro Díaz” impartida polo director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez Quintas
O próximo *venres 30 de abril ás 20:30h*. na Aula de Cultura “*Ponte de Rosas*” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e dentro do Primeiro ciclo de conferencias sobre Arqueoloxía que leva o nome de Pedro Díaz, organizado pola sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnografía do *Instituto de Estudos Miñoranos* terá lugar a última das conferencias que será impartida polo director desta sección do IEM *EDUARDO MÉNDEZ QUINTAS*

A conferencia versará sobre “*As orixes do primeiro poboamento humano de Galicia”*

Nesta última conferencia do ciclo con que o IEM quere facer un sinxelo recoñecemento a Pedro Díaz o estudoso da arqueoloxía nos vales das ribeiras da ría de Vigo estará presente a súa viúva María del Carmén Rodríguez Seoane