Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Xeiras
Skip to content
Xeiras do IEM PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Xullo 2010 21:05
xeiras-do-iem-teton

Así lle chamaban os membros do Seminario de Estudos Galegos aos seus paseos polo país adiante. Empregamos esta mesma denominación para os nosos polo Val Miñor, que pretendemos sirvan para que os miñoranos e miñoranas e todas aquelas persoas que ata nós se acheguen para visitarnos, coñezan e valoren algúns dos moitos monumentos históricos, arquitectónicos ou paisaxísticos que atesouran os tres concellos miñoranos: Baiona, Gondomar e Nigrán.