Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos Roteiro polos muíños dos ríos de Couso
Skip to content

Relacionados

Roteiro polos muíños dos ríos de Couso PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Venres, 22 Outubro 2010 01:55
couso
Download this file (Xeira couso muiños.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

En colaboración coa Comunidade de Montes de Couso temos elaborado un roteiro e un folleto explicativo sobre os Muíños desta parroquia de Gondomar.
O texto e as imaxes son do compañeiro Xilberte Manso de la Torre, que xunto a Xosé Antón Araúxo foron os guías deste percorrido durante a súa inauguración o pasado domingo 17 de outubro.

 

Agora compre botar a andar e como está un outono para pasear convidámosvos a coñecer o roteiro o vindeiro domingo 31 de outubro. Sairemos ás 17h. da Casa Veciñal de Couso e remataremos no mesmo lugar, xa que é un roteiro circular. O percorrido é duns 9,3 Kms. e a duración estimada de 3,5 h. , o último tramo coincide co do Roteiro das Greas, por camiño asfaltado polo que non sería problema que ainotecese un chisco.

{youtube width="400" height="320"}zI0Huk4C3Sk{/youtube}