Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos Prado e a Serra do Galiñeiro abraiaron a decenas de camiñantes na primeira xeira do verán 2011.
Skip to content
Prado e a Serra do Galiñeiro abraiaron a decenas de camiñantes na primeira xeira do verán 2011. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Xoves, 07 Xullo 2011 01:07

{youtube width="250" height="200"}CdKgO1s_MV8{/youtube}

Estamos aínda chegando. O corpo pide repouso é a roupa cheira a fentos e toxos. O equipo das Xeira do IEM acaba de rematar a súa primeira andaína que levou a decenas de persoas polas terras de Prado en Morgadáns (Gondomar) ata o Galiñeiro. A tarde acompañou deixando mirar a paisaxe en todo o seu esplendor. A riqueza natural, cultural, etnográfica e arqueolóxica deste anaco do Val Miñor novamente amosou a súa xenerosidade e riqueza, abraiando aos camiñantes que contaron coa guía do director das Xeiras do IEM, Xosé Ramón García e do director da Sección Arqueolóxica, Eduardo Méndez.
Aínda non tivemos tempo de editar imaxes. O tempo apenas de abondo para que o noso compañeiro Xilberte Manso descargara a súa máquina no ordenador e as colgara en Internet. Por iso tamén elas "cheiran" a fentos e toxos, e ten esa frescura do recentemente feito, como pastel sacado do forno. Achegamos entón, un enlace para que aqueles que gozaron da xeira a podan revivir e para os que non puideron estar, atopen a inspiración e o impulso suficiente para non perderse a próxima. De feito, lembramos que é o vindeiro venres ás 22:00 horas na Casa do Concello de Tomiño, de onde partiremos cara aos impresionantes petróglifos do Monte Tetón, baixo a guía do director da Sección Arqueolóxica do IEM, Eduardo Méndez.

{youtube width="400" height="320"}CdKgO1s_MV8{/youtube}