Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos A Groba amosou as súas mellores cores aínda a néboa na 3ª xeira do IEM no Val Miñor.
Skip to content
A Groba amosou as súas mellores cores aínda a néboa na 3ª xeira do IEM no Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Xoves, 21 Xullo 2011 19:46
Download this file (Folleto Xeira 5 de 2011 maqueta 4.pdf)

{youtube width="250" height="200"}pZKsnPhOUvg{/youtube}

Cando as nubes acarician as alturas da Serra da Groba o aire deixa unha pegada particular nos camiñantes que se deciden a percorrer esta xoia do patrimonio natural do Val Miñor. Un animado grupo de participantes da Xeira do IEM puideron experimentarllo e ao mesmo tempo gozar das exclusivas vistas que dende Belesar á Chan da Lebre podemos apreciar cara o Val.


Baixo a guía da sección de xeiras do IEM, esta vez a cargo dos compañeiros Xosé Ramón García e Xilberte Manso, mais a compaña de Bruno Centelles e a súa cámara fotográfica, medio centenar de visitantes compartiron esta andaina o pasado mércores 20 de xuño.
Ademais das imaxes captadas durante a travesía achegamos a folla de ruta con valiosa información sobre os distintos aspectos do patrimonio natural e cultural agochado nesta paraxe miñorana.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Attachments:
Folla informativa da xeira[ ]9456 Kb