Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO-Ouro, mámoas e estrelas. Xoves 16 de agosto ás 19:00h.

O vindeiro xoves 16 de agosto ás 19:00 h terá lugar a oitava xeira de verán polo concello de Tomiño Ouro, mámoas e estrelas, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira.

O punto de encontro será na Antiga escola de Vilachán do Monte. Barrantes.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.
Está en:  Inicio Xeiras Artigos A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM.
Skip to content
A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Martes, 13 Decembro 2011 21:47
outeiro-dos-lameiros

A Concellería de Patrimonio de Pontevedra organizou unha visita o pasado sábado 10 de decembro ao Val Miñor. Acompañados dunhas 70 persoas percorreron algúns dos espazos intervidos polo IEM para a súa posta en valor. A maioría dos visititantes proviñan do concello de Pontevedra, entre eles, un nutrido grupo de veciños da parroquia de Salcedo.
O percorrido comezou no monte de Saiáns (Vigo) , onde guiados por Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso visitouse a recente musealización do Castro de Estea, ademais dos muíños e petróglifos localizados neste espazo rico en natureza e patrimonio arqueolóxico e etnográfico.
Posteriormente o grupo trasladouse ata os montes de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) para coñecer a estación arqueolóxica (tamén musealizada polo IEM) de Outeiro dos Lameiros. A pesar das inclemencias do tempo (choiva, néboa e moito vento) os visitantes aceptaron a invitación para achegarse ata o Monte Boi (Baiona) para un percorrido pola contorna da fortaleza.
Dim lights Embed Embed this video on your site