Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos A fraga de Oliveira, acaso unha paisaxe lunar?
Skip to content
A fraga de Oliveira, acaso unha paisaxe lunar? PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Venres, 03 Agosto 2012 00:40

fraga-de-oliveira

"Un mundo de territorio e paisaxe". "Lembra en tramos a unha paisaxe lunar", estes son algúns dos comentarios deixados nas redes por participantes da Xeira pola fraga de Oliveria desenvolvida o pasado mércores 1 de agosto. Máis dun centenar de visitantes gozaron do percorrido polos montes e ribeiras do río da Groba que guiaron os espertos Xosé Ramón García e Xilberte Manso do Instituto de Estudos Miñoranos.
rio-da-groba-a-cruzar
A flora, fauna e os muíños esparexidos nese "paraíso secreto" agochado entre os concellos de Baiona e Gondomar, amosaron os seus feitizos aos viandantes que viviron a experiencia. Aproveitando a tempada estival, cativos e adultos gozaron co cruce por riba das pedras que cruzan a canle do Groba. Coñeceron o abraiante espazo natural enchido polo reino vexetal e coñeceron as lendas e tradicións que abrangue este territorio a cabalo entre dous municipios do Val Miñor.
rio-da-groba

A tempada das Xeiras do IEM 2012 segue a congregar a centos de miñoranos e visitantes co obxecto de coñecer e gozar do rico patrimonio material e inmaterial que ofrece a bisbarra. O vindeiro encontro está preto: o mércores 8 de agosto imos a percorrer á luz da lúa os petróglifos da Estación Agua da Laxe en Vincios. O punto de encontro será a Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), ás 22 horas. A guía estará a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar e un grupo de expertos cos que viaxaremos polo monte, coñeceremos a súa toponimia, xeografía, e as pegadas históricas e etnográficas que agocha este outro abraiante espazo do Val Miñor. Nos vindeiros días achegaremos máis detalles.

muino-fraga-de-oliveira