Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos Unha mirada nocturna da estación de arte rupestre "As Portaxes" (Tebra - Tomiño)
Skip to content
Unha mirada nocturna da estación de arte rupestre "As Portaxes" (Tebra - Tomiño) PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 30 Agosto 2012 21:33
DSC0001525202528Copiar25
DSC0002725202528Copiar25
DSC0003425202528Copiar25
DSC0004125202528Copiar25
DSC0004225202528Copiar25
DSC0005025202528Copiar25
DSC0009425202528Copiar25
DSC0009625202528Copiar25
DSC0009925202528Copiar25
DSC0010525202528Copiar25
DSC0011525202528Copiar25
  • Anterior
  • 1 of 11
  • Seguinte

Compartimos estas imaxes nocturnas dos petróglifos da estación As Portaxes, unha das máis importantes do Monte Tetón (Tomiño), así como do conxunto da arte rupestre galega. As mesmas foron tomadas polo noso compañeiro Bruno Centelles durante a Xeira do IEM co organizada co Concello de Tomiño, na que participaron máis de 70 persoas o pasado venres 24 de agosto. Previo ao percorrido polo monte de Tebra (onde se atopa a estación arqueolóxica do Monte Tetón), o arqueólogo Xosé Lois Vilar impartiu un coloquio sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega" na Casa Consistorial de Tomiño.
Unha vez no monte, os visitantes participaron dun percorrido pola estación As Portaxes, onde ademais dunha descrición do patrimonio arqueolóxico que agocha o enclave, foron informados da riqueza toponímica da zona, as principais características e datos recollidos sobre a estación, así como unha contextualización da arte rupestre observada.
O vindeiro venres 14 de setembro terá lugar a última das visitas nocturnas ao Monte Tetón, previstas no calendario de verán. A mesma se iniciará ás 22 horas no Concello de Tomiño e contará unha vez máis coa guía de Xosé Lois Vilar.