Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos Xeira polos muíños de Couso co persoal de Viza Automoción.
Skip to content
Xeira polos muíños de Couso co persoal de Viza Automoción. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 01 Outubro 2012 23:20
DSC09647

Máis dun centenar de persoas participaron da Xeira polos muíños da parroquia de Couso, organizada por persoal de Viza Automoción. En coordinación coa Comunidade de Montes de Couso, os guías do IEM Xilberte Manso, Xosé Ramón García, Xosé Araúxo e mais Xosé Lois Vilar, percorreron ao longo de catro horas este roteiro que pon en valor o patrimonio cultural deste enclave do Val Miñor.
Os guías amosaron as diversas paisaxes que poboan este espazo natural de Gondomar. Nomeadamente a súa riqueza en biodiversidade, arte rupestre e patrimonio etnográfico. A actividade tivo lugar o pasado sábado 29 de setembro.
Preme neste enlace para ver o álbum completo de imaxes en Facebook.