Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Artigos Crónica: Xeira á Península de Monteferro
Skip to content
Crónica: Xeira á Península de Monteferro PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Artigos
Venres, 23 Xullo 2010 20:26
nenos
Download this file (Folleto Xeira 3 de 2010 maqueta 2.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Un carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros... É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.

Unha Xeira é unha viaxe. Un tránsito, un fluxo onde ti podes coñecer máis alá do que os sentidos che din. Por iso, cando decides deixar, por unhas horas, a tele e poñerte a "bater o zoco", fas unha elección por unha experiencia estimulante; decides experimentar o que a maior parte das persoas de hoxe deixan a carón: ser protagonista dunha aventura propia que se fai en colectivo. Pica aquí para ler a crónica completa

Te adxuntamos o díptico da Xeira.

Attachments:
Diptico Xeira Monteferro[ ]581 Kb