Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Mércores 18/08/2010 Xeira: A Groba: da Gabiñeira a Chan da Lagoa
Skip to content
Mércores 18/08/2010 Xeira: A Groba: da Gabiñeira a Chan da Lagoa PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Luns, 16 Agosto 2010 23:06
DSC03143
Download this file (Folleto Xeira 7 de 2010 maqueta 5.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
A Groba: da Gabiñeira a Chan da Lagoa.

• Mércores, 18 de agosto de 2010
• Hora: 18,00
• Saída de Chan da Lagoa, Baiona
• Guía: Xilberte Manso

Veremos parte no noso patrimonio natural e cultural, visitando fontes máxicas e vellas casetas de vixiancia do monte, camiños vellos e muíños naviculares que nos conectan cos devanceiros que ocuparon estas terras desde hai miles de anos ata hoxe
Podemos ver o itinerario a percorrer nesta ligazón: Mapa
A xeira comeza na Chan da Lagoa as 18 h. Alí deixaremos un grupo de vehículos e subiremos nun grupo reducido de coches ata o alto da Groba.
Comezaremos a camiñar. O percorrido é doado e ten pouca dificultade. Andaremos polos cumes das Chans da Gabiñeira e , pouco a pouco, iremos baixando pasando por fermosos lugares con unhas vistas espectaculares.Veremos todo o Val de Miñor dende o alto do Montouto, muíños naviculares no alto da Mata, e a aldea de San Cosme e a súa fonte Santa. Ao escurecer chegaremos novamente en Chan da Lagoa e subiremos en coche as persoas que deixaron os seus no alto da Groba.

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

A Groba: da Gabiñeira a Chan da Lagoa.

 

·       Mércores, 18 de agosto de 2010

·       Hora: 18,00

·       Saída de Chan da Lagoa, Baiona

·       Guía: Xilberte Manso

 

 

Veremos parte no noso patrimonio natural e cultural, visitando fontes máxicas e vellas casetas de vixiancia do monte, camiños vellos e muíños naviculares que nos conectan cos devanceiros que ocuparon estas terras desde hai miles de anos ata hoxe

Podemos ver o itinerario a percorrer nesta ligazón:

A xeira comeza na Chan da Lagoa as 18 h. Alí deixaremos un grupo de vehículos e subiremos nun grupo reducido de coches ata o alto da Groba.

Comezaremos a camiñar. O percorrido é doado e ten pouca dificultade. Andaremos polos cumes das Chans da Gabiñeira e , pouco a pouco, iremos baixando pasando por fermosos lugares con unhas vistas espectaculares.Veremos todo o Val de Miñor dende o alto do Montouto, muíños naviculares no alto da Mata, e a aldea de San Cosme e a súa fonte Santa. Ao escurecer chegaremos novamente en Chan da Lagoa e subiremos en coche as persoas que deixaron os seus no alto da Groba.

 

Attachments:
Folla informativa da Xeira.[ ]12434 Kb