Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROXECTO EQUUS CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA. A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Hoxe, venres 29 de decembro, nunha roda de prensa no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa (As Neves) presentouse ao público a que, sen dúbida, é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas.

Estiveron presentes na mesa Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves; Cándido Verde, Xosé Álvarez "O Buraco" e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Os participantes apoiaron as súas intervencións na proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D resaltando as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto.

Ó remate da roda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que nos leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, o próximo 2 de xullo (PRAZAS ESGOTADAS)
Skip to content
Paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, o próximo 2 de xullo (PRAZAS ESGOTADAS) PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 18 Xuño 2016 11:04
paseo_roteiro_ons

Talasonimia, lendas e naufraxios na ría de Vigo; seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.

 

 

A reserva de prazas pódese facer dende o 20 ata o 23 de xuño, de 10.00 a 13.00, no teléfono 986 36 05 75. En cada chamada só se poderán reservar, como máximo, 4 prazas. O paseo é para maiores de 12 anos.

O prezo por persoa é de 12 euros (travesía e visitas, non inclúe a comida).