Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario As xeiras do IEM (verán 2016)
Skip to content
As xeiras do IEM (verán 2016) PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 01 Xullo 2016 18:38
xeiras-2016
xeiras-2016-barcos
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Outro verán máis o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) organiza as súas Xeiras, unha serie de visitas-guiadas a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Este ano 2016 son 12 os percorridos a realizar dos cales tres serán en barco.

 

As Xeiras do IEM verán 2016
DATA HORA NOME DA XEIRA PUNTO DE ENCONTRO GUÍAS
XULLO 2 sábado 08.45 h. A illa de Ons. Bueu Estación marítima de Vigo Xosé Lois Vilar e Gonzalo Navaza
5 martes 20.30 h. O monte Tetón. Tomiño Casa da Cultura de Tomiño Xosé Lois Vilar
6 mércores 18.00 h. Camiñando por Donas.
Toponimia, historia e patrimonio.
O torreiro das festas Antonio Soliño e Anxo Rodriguez 
13 mércores 18.00 h. Camiñando por Borreiros.
Toponimia, historia e patrimonio.
A capela da Xunqueira Anxo Rodriguez Lemos
15 venres 21.00 h. Talaxonimia, naufraxios e arte rupestre
en Monteferro. Nigrán
Hostal Monteferro Xosé Lois Vilar
19 martes 22.30 h. Xeira nocturna en barco polo mar
de Baiona e Nigrán (B1)* (ver no dorso)
Porto de Baiona 22 h. Xosé Lois Vilar
21 xoves 18.00 h. Antonio Palacios e o Rexionalismo arquitectónico en Nigrán. Nigrán Campo de fútbol de Lourido Antonio Soliño
AGOSTO 3 mércores 18.00 h. Camiñando por Mañufe.
Toponimia, historia e patrimonio
Centro Cultural de Mañufe Antonio Soliño e Anxo Rodriguez 
10 mércores 19.30 h. Ouro, estrelas e lobos pola Serra da Groba. Pinzás. Tomiño Igrexa de Pinzás Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Bruno Centelles
12 venres 19.30 h. Auga, gravados e estrelas en Chandebrito. Nigrán No concello de Nigrán ás 19.30 h.
Ás 20 h. No Torreiro de Chandebrito
Xosé Lois Vilar, Bruno Centelles e A.A. Rías Baixas
17 mércores 20.30 h. O monte Tetón. Tomiño Casa da Cultura de Tomiño Xosé Lois Vilar
23 martes 22.30 h. Xeira nocturna en barco polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios. (B2)*(ver no dorso) Porto de Panxón. Nigrán Xosé Lois Vilar