Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón, o venres 29 de xullo ás 20 horas
Skip to content
Visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón, o venres 29 de xullo ás 20 horas PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 27 Xullo 2016 18:17
b-touron-8

Este venres día 29 de xullo, teremos unha visita diúrna aos petróglifos do Parque Arqueolóxico de Tourón (Ponte Caldelas), tendo como punto de encontro o centro de interpretación do propio parque ás 20 horas.