Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Aínda quedan prazas para a última xeira do IEM o próximo martes 23
Skip to content
Aínda quedan prazas para a última xeira do IEM o próximo martes 23 PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 19 Agosto 2016 17:53
xeiras-2016-barcos

Aínda estades a tempo de reservar prazas para a “Xeira nocturna en barco polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios” o próximo martes 23 de agosto. Contaremos como experto con Xosé Lois Vilar. O punto de encontro será o Porto de Panxón ás 22 horas.

Podedes reservar a través do noso correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando: nomes e apelidos das persoas e, moi importante, deixando un número de contacto para calquera eventualidade. Ou tamén a partir das 17h no teléfono 986 36 05 75.

Tedes tempo ata o martes a última hora.

Esperámosvos.