Conferencia: Existen evidencias do cambio climático? Dende o mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro |
A partir do mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro O IEM desenvolverá un ciclo de conferencias sobre o cambio climático que contará con expertos na materia como Castor Muñoz Sobrino, Ricardo Prego Reboredo, Xosé Antón Álvarez Salgado e José M. Sánchez.
Terán lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Gondomar)
Como podería afectar o cambio climático ós ecosistemas do NW ibérico.
Castor Muñoz Sobrino
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM
É o Antropoceno a era do cambio climático?
Ricardo Prego Reboredo
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Juan Hermida
Profesor do IES A Sangriña. A Guarda
Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia
Xosé Antón Álvarez Salgado
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Olga Mijón
Profesora do IES Rosais 2. Vigo
As invasións biolóxicas e nós
José M. Sánchez
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Marcos Lago
Profesor do IES Primeiro de Marzo. Baiona
|
XIV XEIRA ALÉN MIÑOR-PONTEVEDRA 7 DE ABRIL 2018 |
![]() |
![]() |
![]() |
Xeiras - Calendario | |||
Escrito por IEM -Sec | |||
Xoves, 08 Marzo 2018 00:19 | |||
XIV XEIRA ALÉN MIÑOR-PONTEVEDRA
7 DE ABRIL 2018 Pontevedra, lugar onde se atopa unha ponte vella. A construción arredor do século II por parte dos romanos dunha rede viaria de camiños que favorecería as vías de comunicacións e transporte de alimentos e mercadorías entre Braccara Augusta , Lucus Augusti e a Asturica Augusta, concretamente a vía XIX, favoreceu o asentamento e consolidación de pequenos núcleos de poboación que servían de apeadeiro ou lugar de descanso temporal para todo aquel que percorrese dita vía. Un destes pequenos asentamentos, localizado no que é a actual Pontevedra, chamouse Turoquia. As orixes medievais de Pontevedra, con case total seguridade, gardan relación co reinado de Fernando II de León. A aparición dun documento, en 1163, que recolle a doazón por parte de dito rei da metade da igrexa de Santa María ao mosteiro de Poio, así o corrobora. Pontevedra, ao igual que na época romana, ten ligado o seu destino ao Lérez, a ponte e os camiños. A vella ponte desapareceu (Vetula Ponte), dando paso, no medievo, a outra que tivese un protagonismo maior e axudase a sentar as bases dun novo núcleo que non deixou de medrar ata os nosos días. A súa topografía no século XII vese claramente condicionada por atender a dúas funcións loxísticas: O control visual da ría e o territorio circundante e a defensa da cabeceira da ponte. O máximo esplendor da vila acontece no sc. XV, cando se constrúen as catro igrexas medievais da cidade. Outórganlle a capitalidade provincial Algunhas localizacións a visitar: Igrexa de Santa María (Gótico Serodio): O cerne da cidade estableceuse ao redor desta igrexa. A orixinal esmoreceu a finais do sc. Igrexa de San Bartolomeu O Vello: A edificación orixinal tivo igual destino ca anterior. Temos referencias da primeira construción dende o século XIII, posteriormente( sc.XV- XVI), os xesuítas edificaron a nova igrexa, baseándose no barroco romano. No sc. XIX demoleuse e no seu lugar construíuse o Teatro Principal. San Domingos (sc.XIV-XV): Conserva só as ábsidas e a entrada ao capítulo, aínda que na súa traza poden entreverse as cinco capelas, excepcionais na arquitectura da súa época. No seu interior estableceuse a sección lapidar do museo de Pontevedra.
As Murallas: Na época medieval a existencia da muralla dá titularidade a unha vila, outórgalle un status e identifica a súa poboación e as rúas. Fóra delas sitúanse moitos gremios e traballos que por determinadas características (loxísticas, saúde pública…) non poden levarse a cabo intra muros. O primeiro recinto amurallado constrúese a carón e ao redor da Igrexa de Santa María no sc. XII. Sufriu ata tres ampliacións en diferentes períodos, a última a mediados do sc XV. A finais do sc XIX acometeuse o seu derrubamento. Aínda podemos apreciar restos e testemuñas da súa existencia. Un exemplo é a Porta da Vila (sc. XVIII). Museo de Pontevedra: Institución dedicada á difusión da cultura e as humanidades no ámbito de interese galego, da vila, da provincia, pero tamén universal. Visitaremos a maioría dos recintos dedicados ás exposicións e os seus fondos, a historia e o contexto cultural e arquitectónica. Pedro Madruga, Paio Gómez, Suero Gómez e Tristán de Montenegro, persoeiros fundamentais para entender a historia desta cidade, terán protagonismo nesta xeira, retallos da súa pegada están presentes en moitos Pontevedra posúe uns dos conxuntos históricos máis fermosos, máis paseables e mellor conservados de Galicia
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
DATA: 7 de Abril de 2018 GUÍA: Manuel Lourenzo González (Profesor de Lingua e Literatura Galegas, escritor) Colaboracións: Museo de Pontevedra
HORARIO APROXIMADO SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:30 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Sábado, aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar, as visitas ós museos e guía.
|