Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Percurso polo muíños dos ríos de Couso
Skip to content

Relacionados

Percurso polo muíños dos ríos de Couso PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Mércores, 13 Outubro 2010 19:03
Xeira-couso-muios-1
Download this file (Xeira couso muiños.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

En colaboración coa Comunidade de Montes de Couso temos elaborado un roteiro e un folleto explicativo sobre os Muíños desta parroquia de Gondomar.
O texto e as imaxes son do compañeiro Xilberte Manso de la Torre, que xunto a Xosé Antón Araúxo serán os guías deste percorrido.
Agora compre botar a andar e como está un outono para pasear convidámosvos a coñecer o roteiro o vindeiro domingo 17 de outubro. Sairemos ás 17h. da Casa Veciñal de Couso e remataremos no mesmo lugar, xa que é un roteiro circular. O percorrido é duns 9,3 Kms. e a duración estimada de 3,5 h. , o último tramo coincide co do Roteiro das Greas, por camiño asfaltado polo que non sería problema que ainotecese un chisco.
Achégase o folleto en formato .pdf

Attachments:
Folla Informativa[ ]2672 Kb