Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán


O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Roteiro polos Muiños de Couso
Skip to content
Roteiro polos Muiños de Couso PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Xoves, 20 Xaneiro 2011 23:33
imaxecousoroteiro
O Instituto de Estudos Miñoranos colabora coa Comunidade de Montes de Couso nunha nova edición do Roteiro polos Muíños de Couso que se realizará o próximo domingo 23 de xaneiro.
O punto de encontro é na Casa Veciñal de Couso ás 16:30 horas