Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRA IEM-Nigrán (Ramallosa)- "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes." Luns 14 de agosto, ás 18:30 h.

O vindeiro luns 14 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán na parroquia da Ramallosa "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes.", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración do concello de Nigrán, que será guiada polo especialista Antonio Soliño Troncoso.

A xeira ten como punto de encontro a Capela de San Campio na Ramallosa ás 18:30h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1N-J6l4qswZsjkAPwG1WpUFat8b8&usp=sharing

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2017
SAN PEDRO DA RAMALLOSA. MONUMENTOS, LENDAS E PAISAXES.

Guiada por
ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

A XEIRA. APROXIMACIÓN.
A parroquia de San Pedro da Ramallosa era coñecida no século XII como San Pedro de Filgueira, transformándose máis tarde en Filgueiras, denominación que segundo os libros parroquiais aínda mantiña a mediados do XVIII, antes de mudar para a actual. Durante o Antigo Réxime integrou o Partido de Val de Miñor polo que no político e gobernativo se debía ao Procurador Xeral do devandito Partido mentres que no contencioso estaba baixo xurisdición do Xuíz do reguengo de Baiona. Coa chegada dos concellos constitucionais San Pedro pasa a integrar o de Nigrán o 7 de decembro de 1836, ratificado mediante R.O. en febreiro do ano seguinte.
Esta xeira pretende complementar a que con final en Panxón realizou o IEM polos areais da parroquia o ano pasado. Aquela tivo como fío condutor o Rexionalismo arquitectónico e a repercusión que sobre algunhas das intervencións exerceron indianos nados nela. A presente, cunha motivación máis variada, atenderá a parámetros históricos, monumentais, paisaxísticos, etnográficos,... e rematará enlazando co tema da pretérita citada, o Rexionalismo e os indianos. Entre outras pezas comentaremos a capela e cruceiro de San Campio emprazadas a carón do esteiro do río Miñor; a medieval ponte da Ramallosa, unha das máis belas de Galicia; as distintas edificacións do pazo de Pías; a murada granxa da Robaleira, de século XVI; un tramo da antiga Estrada Real ao Val da Louriña; a parroquial de orixe románica e o cemiterio hixienista no que asentan monumentais panteóns; a primeira adega de viño espumoso do Val de Miñor; cruceiros do XVI e XVII; e arquitectura rexionalista construída por indianos en emprazamentos de privilexio. Tamén falaremos de encrucilladas e lendas, de persoeiros e algúns dos seus soños, de árbores senlleiras e paisaxes feridas. Todo durante as aproximadamente tres horas e cuarto que nos levará percorrer os cómodos catro quilómetros e medio de trazado previsto.

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Listas e quendas dos participantes na xornada de divulgación xeolóxica Geolodía.
Skip to content
Listas e quendas dos participantes na xornada de divulgación xeolóxica Geolodía. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Mércores, 04 Maio 2011 20:19
geolodia_plan_minhor

Xa están prontas as listas cos grupos que participarán na xeira de divulgación xeolóxica Geolodía. A organización de Geolodía asignounos para a visita á marisma da Ramallosa  que terá lugar o vindeiro domingo día 8 de maio os turnos de 9,30 e 9,45, polo que organizamos os seguintes grupos –por orde de inscripción. Nos casos en que a nome dunha persoa se inscribiran varias enténdense que van xuntas.

Lembremos que o punto de encontro será o aparcamento xunto á ermida de San Campio (na cabeceira de Nigrán da ponte da Ramallosa).

Saída ás 9,30

Vicente Pintos Santiago

Luisa Barreiro Alonso

Xose Antonio Viña

Emilio Fernández Zunzunegui

Mª Dolores Rodríguez Gómez

Avelino Montenegro

Amaia Pérez Izaguirre

María Almazán

Senén Costas

Javier Sánchez González

José Ignacio Noya

Antonio Soliño Troncoso

Juan Hermida Lago

Montserrat Rodríguez Paz

Puri Pérez Leirós

Delfina

Eduardo Méndez

Pablo (Sorriso de Daniel) e a súa muller

Carlos Moreira González

Saída ás 9,45

José Ángel de Dios Álvarez

Xosé Ramón García

Alberto Guitián

Luis Becerra

Rafael Calvo

José Mª Sánchez

Rafael Cabrera

Miguel Rodríguez Rodríguez

Ana Vilas Paz e Jesús Bermúdez Montejano.

Beatriz Carballeira (e 4 máis)

Francisco Rodríguez Sobrino

Yago Pose

Ana (e 2 máis)

Pilar Cornide

A SGE (Sociedad Geológica de España) xunto co AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) levarán adiante o Geolodía. Esta é unha iniciativa de divulgación da Xeoloxía que terá lugar en todas as provincias do Estado o vindeiro día 8 de maio.  Consiste nunha excursión no campo, aproximadamente 1h 30 m de duración, guiada por equipos de xeólogos (no noso caso, profesores da Universidade de Vigo). Para a provincia de Pontevedra terá lugar na Foz da Ramallosa. Pregamos que en caso de dúbida se poñan en contacto co IEM (986 360 575, Álvaro) entre as 18h e as 22hou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .