Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Calendario das Xeiras do verán 2011 do IEM
Skip to content
Calendario das Xeiras do verán 2011 do IEM PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Xoves, 30 Xuño 2011 21:39
andainanagrobaiem

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos organiza por décimo ano consecutivo unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.

AS XEIRAS Verán 2011 DO IEM

Data

Saída

Guías

Punto de encontro

6 xullo, mércores

17,30

De Prado ao Galiñeiro

Xosé Ramón García,

Eduardo Méndez

Local do IEM

13 xullo, mércores

22,00

Os petróglifos de Auga da Laxe

Eduardo Méndez,

Xilberte Manso

Local do IEM

20 xullo, mércores

18,00

A Groba: de Belesar á Chan da Lebre. Volta en autobús, 3 €

Xosé Ramón García

Xilberte Manso

Praza de Sabarís

27 xullo, mércores

18,00

Románico no Val Miñor.

Prezo do autobús, 5 €

Margarita Vázquez

Local do IEM

3 agosto, mércores

18,00

Tramo final do río Muíños

Xosé Lois Vilar,

Xosé Ramón García

Quiosco Pasión Praia P. América

10 agosto, mércores

21,00

Noite de estrelas e lobos

Xilberte Manso,

Gustavo Sanromán

Chan da Lagoa

17 agosto, mércores

18,00

Antonio Palacios: obra no Val Miñor

Xosé Ramón Iglesias

Templo de Panxón

24 agosto mércores

18,00

Pazo do Conde

Antonio Soliño

Local do IEM

Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar.