Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario De Prado ao Galiñeiro será a primeira xeira do IEM na tempada do verán 2011.
Skip to content
De Prado ao Galiñeiro será a primeira xeira do IEM na tempada do verán 2011. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Martes, 05 Xullo 2011 01:49
Aspecto da Lapa da Moura
Download this file (Folleto Xeira 1 de 2011 maqueta 5.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
De Prado ao Galiñeiro será a primeira das xeiras da tempada do verán 2011, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos. A saída será o vindeiro mércores 6 de xullo ás 17:30 dende a sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, nº 10 Baixo, Gondomar).
Xosé Ramón García e mais Eduardo Méndez serán os guías neses 5 km de percorrido onde terase a posibilidade de gozar da fermosa paisaxe da Serra do Galiñeiro, e atopar a riqueza ecolóxica, arqueolóxica e patrimonial que agocha esa zona do Val Miñor.
A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber e calzado apropiado para a travesía.
Attachments:
Folleto Xeira de Prado ao Galiñeiro[ ]2188 Kb