Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Unha visita nocturna ao panel bélico máis grande de Europa será o obxectivo da vindeira xeira do IEM.
Skip to content
Unha visita nocturna ao panel bélico máis grande de Europa será o obxectivo da vindeira xeira do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Luns, 11 Xullo 2011 21:34
pedra-das-procesins

O vindeiro mércores 13 terá lugar a saída nocturna para visitar os petróglifos de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios, Gondomar. Dentro dese complexo de arte rupestre teremos a posibilidade de observar a "Pedra das Procesións", un dos paneis da arte rupestre galega máis importantes. A mesma contén unhas trinta representacións de armas que comprenden alabardas, puñais, espadas e escutiformes nunha superficie inclinada de 10 x 5 metros, o máis grande dos coñecidos no continente europeo.
O punto de encontro será a sede do IEM, na Avenida da Feira número 10, baixo, en Gondomar ás 22 horas. Os guías do percorrido serán os membros do IEM Eduardo Méndez e Xilberte Manso. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.