Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.
Skip to content
Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Mércores, 20 Xullo 2011 22:21
monte-tetn

O equipo de xeiras do IEM anuncia unha nova visita nocturna ao Monte Tetón dentro do calendario de Arte Rupestre "Alén Miñor",do verán 2011. A saída será o vindeiro venres 22 de xullo ás 22:00 horas e o punto de encontro será na Casa do Concello de Tomiño.
Eduardo Méndez será o guía deste percorrido por unha das concentracións de petróglifos más fermosa do sur de Galicia. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.
Dim lights Embed Embed this video on your site