Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Calendario das Xeiras do IEM do verán 2012
Skip to content
Calendario das Xeiras do IEM do verán 2012 PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 02 Xullo 2012 22:15
xeiras-do-iem

Por onceavo ano consecutivo terán lugar durante o verán as tradicionais Xeiras do IEM, unha serie de visitas-guiadas a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.
Como dende hai algún tempo haberá dous bloques de xeiras. As propias do IEM, dentro dos tres concellos miñorás, e outro de visitas ao Monte Tetón, organizadas xunto co Concello de Tomiño, a primeira delas xa foi o pasado venres.
Achegamos os programas definitivos. Pregamos a súa difusión e agardamos que sexan do voso agrado.
Lembrade que para asistir non tedes máis que presentarvos no lugar de encontro á hora indicada e que para manter estas e as demais actividades do IEM precisamos sobre todo da vosa presenza pero tamén da vosa colaboración e axuda, que pode ser dende facerse socio, mercar un libro ou unhas postais