Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Comezan as Xeiras do IEM no Val Miñor cunha visita aos pazos da Torre d'A Touza e Cea en Nigrán.
Skip to content
Comezan as Xeiras do IEM no Val Miñor cunha visita aos pazos da Torre d'A Touza e Cea en Nigrán. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 02 Xullo 2012 22:56
pazo-da-touza-nigran_big

-Volven as Xeiras do IEM por onceavo ano consecutivo.
O Instituto de Estudos Miñoranos ten programadas sete saídas no Val Miñor e catro aos petróglifos do Monte Tetón no calendario correspondente ás Xeiras do verán 2012. Como é tradicional, trátase dunha serie de visitas-guiadas a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, con pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.
Como dende hai algún tempo haberá dous bloques de xeiras. As propias do IEM, dentro dos tres concellos miñorás, e outro de visitas ao Monte Tetón, organizadas xunto co Concello de Tomiño, a primeira delas xa foi o pasado venres.
A primeira das saídas no Val Miñor terá lugar este mércores 4 de xullo e visitarase dous senlleiros Pazos de Nigrán, os de Cea e a Torre d´A Touza, ambos actualmente reconvertidos á actividade hostaleira. A visita será guiada polo arquitecto e membro da Xunta de Goberno do IEM Antonio Soliño Troncoso.
O punto de encontro será no Torreiro d´As Angustias ás 18 horas, onde se pode deixar os coches con tranquilidade. Despois irase a pé ata Cea. Logo recolleranse os automóbiles para ir cara ao Pazo d´A Touza.