Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán


O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario O IEM organiza a 2ª Xeira polo Val Miñor da tempada 2012: "Roteiro polos Montes de Couso".
Skip to content
O IEM organiza a 2ª Xeira polo Val Miñor da tempada 2012: "Roteiro polos Montes de Couso". PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 09 Xullo 2012 22:31
muio

O vindeiro mércores 11 de xullo terá lugar unha nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos co nome: "Roteiro polos Montes de Couso". Unha ruta peonil coa que a Comunidade de Montes de Couso en colaboración co IEM puxo en valor boa parte do seu legado etnográfico e do seu patrimonio histórico e natural. Nove muíños de auga, algúns deles con máis de dous séculos de antigüidade, cruceiros, pontes e petos de ánimas sucédense ao longo do carreiro circular, que parte e culmina na casa veciñal da parroquia.
A andaina terá como punto de encontro o local do IEM (Avda. da Feira Nº 10, baixo - Gondomar), ás 18 horas. O percorrido contará coa guía dos membros do IEM, Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre.
Ao longo do percorrido pódense visitar un total de nove muíños de auga, como os de Candal (de Arriba e de Abaixo), o da Ponte, o da Cana ou o da Rañada, así como outras construcións tradicionais. No traxecto tamén destacan a riqueza ecolóxica do bosque de ribeira, coa súa flora e fauna autóctonas, e as pegadas do pasado agrícola desta zona, representadas, por exemplo, nas levadas ou desvíos do curso fluvial que permitían nos seus tempos regar os campos de cultivo.