Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Xeiras Calendario Noite de petróglifos e música na Estación Arqueolóxica de Outeiro dos Lameiros (Baiona).
Skip to content
Noite de petróglifos e música na Estación Arqueolóxica de Outeiro dos Lameiros (Baiona). PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 16 Xullo 2012 22:38
outeiro-dos-lameiros
marta-quintana
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Xeira do IEM polos petróglifos de Outeiro dos Lameiros e recital de arpa de Marta Quintana.
Unha visita nocturna á Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros será o próximo obxectivo dunha nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos. A mesma terá lugar o vindeiro mércores 18 de xullo, e o punto de encontro será a carón do cemiterio de Sabarís ás 22 horas, dende onde se partirá en caravana de coches cara o xacemento. A noite terá unha convidada especial: a arpista Marta Quintana a que brindará un concerto ao pé dos petróglifos.
Os arqueólogos Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez serán os encargados de guiar aos visitantes polos distintos conxuntos rupestres situados a poucos metros do encoro de Baíña (Baiona) .
Arte esquemática, xeométrica e un panel de antropomorfos de 15 metros de longo e cinco de altura, permitirán tomar contacto directo cunha escolma máis que representativa dunha arte estimada nos 4000 anos de antigüidade.
Posteriormente á percorrida arqueolóxica, a viguesa Marta Quintana dará un concerto de arpa, onde interpretará temas do seu último traballo discográfico "Amable".
Como é tradicional, a Xeira é totalmente gratuíta para o público asistente e terá unha duración aproximada de dúas horas. Recoméndase levar roupa apropiada para o monte. Áínda que a Estación Arqueolóxica está musealizada, e a andaina non presenta dificultades, é conveniente tomar as seguintes previsións:
- Calzado cómodo, abrigo e pernas cubertas.
- Lanterna
-Auga e algún petisco (o monte da fame).
A Xeira conta coa colaboración desinteresada dos veciños da Comunidade de Montes de Santa Cristina d'A Ramallosa, en cuxos terreos atópase a Estación Arqueolóxica de Outeiro dos Lameiros.