Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Xeira: Mámoas de Prado e petróglifos de Agua da Laxe
Skip to content
Xeira: Mámoas de Prado e petróglifos de Agua da Laxe PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Venres, 09 Xullo 2010 23:42
Eduardo_Agua_da_laxe
Download this file (Folleto Xeira 1 de 2010 maqueta 2.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Crónica dunha aventura.

"Sobre as once da noite e logo do remate do partido do mundial de fútbol, os participantes na primeira Xeira do verán 2010 preparáronse para unha noite de calor, mosquitos e moita aventura.


A travesía comezou na propia "Aula de Cultura Ponte de Rosas", sede do IEM. O guía da Xeira, o arqueólogo e subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar, fixo una reseña sobre a arte rupestre en Galicia, conectando os vestixios arqueolóxicos do Val de Miñor cos atopados na costa atlántica galego-portuguesa, así como os puntos de conexión co paleolítico e o neolítico do resto de Europa" (crónica completa)

Pica aquí As Xeiras do IEM 2010