Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Noite de estrelas e lobos na Serra da Groba.
Skip to content
Noite de estrelas e lobos na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Xoves, 09 Agosto 2012 22:30
DSC03876-Custom

Continúan as Xeiras 2012 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).


Visitaremos un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que un membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos ilustre sobre o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).
Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
Detalles da Xeira
• Venres, 10 de agosto de 2012
• Hora: 21,00
• Saída de Chan da Lagoa.
• Guías: Xilberte Manso (IEM) , Gustavo Sanromán (A.A.R.B.)
Preme aquí para descargar o mapa coa localización

Preme aquí para descargar o folleto informativo da Xeira

 

Dim lights Embed Embed this video on your site