Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Xeira polos muíños de Vincios e visita á igrexa de Santa Mariña.
Skip to content
Xeira polos muíños de Vincios e visita á igrexa de Santa Mariña. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Venres, 24 Agosto 2012 21:02
muinho-seixidal

O vindeiro mércores 29 de agosto de 2012 terá lugar unha Xeira do IEM que percorrerá os muíños da parroquia de Vincios (Gondomar) e visitará a igrexa de Santa Mariña. O punto de encontro será ás 18 horas na sede do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas na Avda. da Feira Nº 10, baixo (Gondomar). O percorrido contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño Troncoso e membros da Asociación Cultural Pedraghullo.

 


A igrexa de Santa Mariña.
No couto de Vincios xa existía, dende finais do século XII ou, se cadra, principios do XIII, a igrexa románica de Santa Mariña. Esta sufrirá diversas reformas e adicións ao longo do tempo, sendo as máis significativas as da ábsida, de mediados do XVI, e a ampliación da sancristía, do XVIII. Durante a visita teremos oportunidade de apreciar as diversas pegadas que canteiros e artesáns deixaron na súa estrutura, así como algúns das historias e tradicións que aínda custodian os seus muros.
Os muíños de Vincios.
Na Parroquia de Vincios había en 1753 29 muíños, segundo os rexistros do Catastro de Ensenada. Hoxe grazas ao traballo da asociación Pedraghullo estase levando a cabo un traballo de recuperación, en primeiro lugar da memoria, vendo cales se conservan e cales foron feitos despois de 1753; limpeza da contorna e dos muíños, elaboración dunha ruta para poder visitalos e a posta en valor do conxunto.

 

Preme aquí para descargar o folleto informativo da Xeira

Preme aquí para descargar o mapa do percorrido.

 

 

Pedraghullo: A ruta dos muíños

 

Dim lights Embed Embed this video on your site