Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Arte rupestre e memoria histórica, dúas actividades do IEM presentes no X Congreso da AIEG en Caerdydd
Skip to content
Arte rupestre e memoria histórica, dúas actividades do IEM presentes no X Congreso da AIEG en Caerdydd PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 11 Setembro 2012 21:14
cartazxcongresoaieg2012

"Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos" é o lema baixo o que se desenvolverá o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A mesma terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro en Caerdydd, capital de Gales. O IEM estará representado polo seu Vice director Xosé Lois Vilar Pedreira .
"Escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses", será a primeira intervención de Vilar no Congreso. O coloquio formará parte da Sección 3 do Congreso: "Antropoloxía, arte , arte rupestre, iconografía, oralidade, contos populares, paisaxe, relixión, patrimonio material e inmaterial", que coordinará Ana Boullón. Terá lugar o mércores 12 nas instalacións da Cardiff Business School, da Cardiff University.
O xoves 13, Vilar presentará un relatorio titulado "O papel que fixo o IEM na divulgación do coñecemento dos crimes franquistas: unha visión desde o asociacionismo". O faladoiro formará parte da Sección 13 do Congreso: "A memoria histórica difundida desde catro eidos: proxectos e obras para rememorar o trauma causado polo fascismo en Galiza", coordinado por John Patrick Thompson.
Nas case tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar 'Galiza'. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas.
Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG "Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos" busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.