Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario A estación de arte rupestre no Monte Tetón será o obxectivo dunha nova Xeira nocturna do IEM.
Skip to content
A estación de arte rupestre no Monte Tetón será o obxectivo dunha nova Xeira nocturna do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Mércores, 12 Setembro 2012 18:47
DSC0001525202528Copiar25

O vindeiro venres 14 de setembro de 2012 terá lugar unha nova Xeira nocturna aos petróglifos da Estación do Monte Tetón, na parroquia de Tebra (Tomiño). O punto de encontro será na casa consistorial de Tomiño ás 22:00 horas. A visita estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar, quen brindará un coloquio previo sobre as "Escenas de Caza na arte rupestre galega".
Logo do faladoiro visitarase o enclave coñecido como As Portaxes, aproximadamente a 300 metros sobre o nivel do mar, onde se atopa uns dos petróglifos de círculos concéntricos máis grade do continente. Xunto con outras figuras de carácter representativo e tamén abstracta, atópase na parte máis alta da rocha unha figura definida por dezaoito círculos concéntricos cuxo diámetro maior alcanza os 2, 40 metros de diámetro aproximado.
Dado que o percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo. A actividade está organizada polo IEM e o Concello de Tomiño.