Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Calendario Nova Xeira do IEM: A Groba: de A Valga a San Xián.
Skip to content
Nova Xeira do IEM: A Groba: de A Valga a San Xián. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Martes, 27 Xullo 2010 22:46
web
Download this file (094_Folleto Xeira 4 de 2010 maqueta 7.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
A Chan da Lagoa é o noso próximo punto de encontro, é a serra da Groba o obxectivo desta nova xeira. Teremos por guía a un dos homes que máis a quere e coñece: Xilberte Manso. Levaranos  polos roteiros máis fermosos e máxicos desa perola dos concellos de Oia e O Rosal. A saída é ás 18 h do próximo mércores 18 de xullo. Axuntamos a folla informativa e picando aquí o mapa do punto de encontro. Esperámolos
Attachments:
folla informativa[ ]3050 Kb