Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Xeiras Imaxes Noite máxica no Monte Terroso
Skip to content
Noite máxica no Monte Terroso PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Galería de imaxes
Luns, 09 Agosto 2010 22:53
xeira-rupestre-a-guarda-web
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
As xeiras nocturnas teñen a maxia que escenifica a escuridade. A  presenza da natureza ten outras cores e outras mensaxes que baixo o reinado do sol non podemos observar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron os seus  gravados nas rochas para que só se amosen cando o astro rei se deita ou apenas se ergue polo horizonte. Os namorados da arte rupestre saben ben disto e fan os seus traballos de estudo arqueolóxico ou pola mañá cedo ou entre o lusco e o fusco. Por iso as xeiras rupestres chegan ao monte pola noite, porque só así os visitantes terán a posibilidade de atopar as voces que dende antigo murmuran as vellas cantigas que arroupan os enigmáticos legados. Pica aquí para ver as imaxes da Xeira polo Monte Terroso, Salcidos A Guarda.
Pica aquí o calendario das Xeiras, crónicas e imaxes.
a guarda