Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Xeiras Imaxes Imaxes da Xeira nocturna ao Monte Tetón do 13-08-2010
Skip to content

Relacionados

Imaxes da Xeira nocturna ao Monte Tetón do 13-08-2010 PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Galería de imaxes
Martes, 17 Agosto 2010 20:41
DSC00910_Large

Din as lendas que os venres 13 non son bos para vagar sós pola noite. Tamén din que meigas e bruxas aferrollan as almas dos mortais que camiñan pola escuridade.

Malia isto, máis de cento cincuenta persoas decidiron desafiar as vellas supersticións e xuntarse no Concello de Tomiño para subir ao Monte Tetón e compartir unha noite de Petróglifos e Estrelas xunto aos nosos guías Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Gustavo Sanromán. Deixámosvos as imaxes deste percorrido para o gozo dos que foron e dos que non. Pero coidado, que nos non cremos nas meigas pero habelas hainas!
Imaxes: Bruno Centelles e Xilberte Manso.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Pica aquí para ver o album de imaxes