Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeiras Imaxes Xeira na Parroquia de Viascon: Escolma de Imaxes
Skip to content

Relacionados

Xeira na Parroquia de Viascon: Escolma de Imaxes PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Galería de imaxes
Martes, 24 Agosto 2010 22:45

{youtube width="200" height="160"}azHpZIQjUgU{/youtube}

Venres20-08-2010

Chegamos aínda con día para comprobar o estado da Portela das Laxes, na parroquia de Viascón, no concello de Cotobade. Ás dez da noite comezou na Casa do Pobo de Viascón a charla-presentación "Arte Rupestre Galega" de Xosé Lois Vilar.

Ao remate da presentación visitamos (sempre en Viascón, Cotobade), en primeiro lugar, o conxunto da "Laxe das Coutadas" con arte abstracta na zona máis chan da laxe (coviñas, combinacións de circos concéntricos e liñas) e arte figurativa no perímetro da pedra, coincidindo con paredes máis inclinadas (uns 18 cérvidos, algúns deles con xenerosa cornamenta).

Esta Laxe está nunha propiedade privada e hai que destacar que entre as persoas que participaron na xeira estaban os actuais propietarios da finca. Foron estas persoas quen nos dixeron o nome do lugar: "A Veiga das Coutadas".

Rematamos esta Xeira visitando o conxunto da Portela das Laxes.

Xosé Lois, Xilberte, Tonecho e Bruno  completaron a noite cun par de visitas máis: Ao conxuntos de arte rupestre "A Portela da Cruz" e "A Laxe do Cuco" en San Xurxo de Sacos, tamén no Concello de Cotobade

Pica aquí para ver o álbum de imaxes

Pica aquí para ver o álbume en youtube.com