XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018) |
Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei. Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.
|
Xeira polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" e "Portoval" |
![]() |
![]() |
![]() |
Xeiras - Galería de imaxes | |||
Martes, 21 Setembro 2010 22:25 | |||
{youtube width="200" height="160"}Fhybm6ATxOk{/youtube} O pasado venres 17 de setembro realizouse unha xeira nocturna polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" (parroquia de Aguasantas - Cotobade) e Portoval (barrio de Chielas, parroquia de Valongo - Cotobade). Xosé Lois Vilar (IEM) comezou cunha charla sobre a arte rupestre en Galicia que contextualizou o percorrido previsto. A continuación o grupo visitou os petróglifos xunto aos guías do IEM, Xilberte Manso, Eduardo Méndez e Xosé Lois Vilar.
|