Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Xeografía e historia Artigos Mapa do proxecto "As Escolas da Emigración".
Skip to content
Mapa do proxecto "As Escolas da Emigración". PDF Imprimir Correo-e

Xeografía e Historia - Novas
Xoves, 07 Xullo 2011 21:14
proval

O proxecto "As Escolas da Emigración" ten por obxectivo por en valor a memoria e os testemuños da acción solidaria e altruísta dos nosos emigrantes, levado adiante polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG).
No ano 2008 o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para a realización, entre outros proxectos, dun catálogo coas construcións escolares financiadas desde a emigración nas provincias de Lugo e de Ourense. Proxecto que tivo continuidade coa sinatura dun novo convenio entre ambas as institucións no ano 2009 co obxectivo de amplialo ás escolas das provincias da Coruña e Pontevedra.
Mapa das Escolas da Emigración.
Percorrido virtual polas catro provincias galegas nas que se poden atopar sinaladas as escolas impulsadas polos emigrantes. De momento o mapa recolle os edificios situados en Lugo e Ourense.
Catálogo das Escolas da Emigración.
De momento o proxecto leva catalogadas 113 escolas en todo o territorio de Galicia, das que se poden apreciar imaxes e un texto descriptivo