Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Xuventude Novos muíños atopados enriquecen o patrimonio arqueolóxico do Val de Miñor.
Skip to content
Novos muíños atopados enriquecen o patrimonio arqueolóxico do Val de Miñor. PDF Imprimir Correo-e

Xuventude - Novas
Martes, 27 Xullo 2010 22:33
xuventude_estudos_mioranos
muio-baia-1
muios-baia-2
muios-baia-3
muios-baia-4
muios-baia-5
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte
Preto da Chan da Lagoa (Os Outeiros da Tomada de Pías) na serra da Groba atopáronse catro novos muíños naviculares de soporte fixo. O descubrimento tivo como protagonista a Anxo Rodríguez Lemos, membro da Xuventude do Instituto de Estudos Miñoranos. Nun percorrido, dos tantos que fai o mozo pola zona -entre outras cosas para as súas recollidas de toponimia- entre o mato da serra, decatouse dunha rocha coa pegada dos antigos habitantes da actual parroquia de Baíña, Concello de Baiona. Nas imaxes podese distinguir con nitidez a pedra traballada. A Sección de Arqueoloxía do IEM está a estudar e catalogar a descuberta. Imaxes Nº 1 e Nº 2 de Xilberte Manso (IEM). Imaxes Nº 3, Nº 4 e Nº 5 de Anxo Rodríguez Lemos.